Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, e do concelleiro Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, para informar sobre as modificacións na "Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.15 h
No Salón nobre, acto de presentación, por parte da Real Casa de la Moneda, da moeda anual de 30€ dedicada ao Ano Santo Xacobeo. Intervencións:
- Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela
- Nadia Calviño, ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (entrará por vídeo)
- María Isabel Valldecabres, directora xeral da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre-Real Casa de la Moneda
- Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
- José Miñones, delegado do Goberno en Galicia
(Acto presencial).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, para presentar a campaña "E ti, onde o botas?". Na rolda tamén estará a responsable de Compostela Inserta, Beatriz Seoane.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do 47º Congreso Nacional da Sociedade Española de Medicina Interna e 37º Congreso da Sociedade Galega de Medicina Interna.

20.15 h
No Teatro Principal, clausura de Cineuropa e proxección de ‘¿Qué hicimos mal?’

Compartir: