Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de novembro

10.30 h
En Baeza, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación do Plan Impulsa Patrimonio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, ao que asiste tamén a ministra Reyes Maroto.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, e do concelleiro Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Gobeno local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
No Salón nobre, recepción a un grupo de alumnos de Infantil do Colexio Dolores Ramos-Manuel Peleteiro (5 anos) que están a realizar un proxecto educativo sobre a cidade de Santiago.

17.00 h
Na Casa do Concello, recepción á embaixadora de Uruguai, Ana Teresa Ayala.

19.00 h
Na Casa Xohana Torres, a concelleira de Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón, participa no acto de presentación do poemario de Xohana Torres.

35ª EDICIÓN DE CINEUROPA
Programación diaria en cineuropa.gal

Compartir: