Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 8 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
No Parque das Ciencias (San Roque), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á colocación da placa conmemorativa en homenaxe a Jimena Fernández de la Vega con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

14.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación conta xeral ano 2020.
2. Aprobación do expediente de suplemento de crédito núm. 2021-SUPLE-05, por importe de 7.000,00 Euros para a adquisición de motocicletas para a Policía Local.
3. Aprobar inicialmente o expediente de crédito extraordinario baixo o número de expediente 2021-CREXT-08, por importe de 36.196,76 euros para a reforma e legalización da instalación eléctrica do centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, financiado con baixas por anulación.
4. Dación de conta do acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de setembro de 2021 relativo á resolución do procedemento incoado de perda do dereito ao cobro total ou parcial de subvención concedida ao abeiro da convocatoria de axudas ao rescate do comercio local afectado pola COVID-19, anualidade 2021.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto organizado pola Real Academia Galega de Ciencias de celebración do Día da Ciencia en Galicia: Homenaxe á ‘Científica Galega do Ano’, Jimena Fernández de la Vega, e entrega das Medallas de Investigación da RAGC

Curtocircuíto
En diversos espazos e horarios, Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine.
Programación completa en compostelacultura.gal ou curtocircuito.org

Compartir: