Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 6 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación do XXVI Festival Galicreques, que se celebra entre o 9 e o 17 de outubro. Interveñen:
Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago.
Jacobo Sutil, director de AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais).
Jorge Rey, director do Festival Galicreques.
Xosé Lois Penas, deputado provincial de Patrimonio da Deputación da Coruña.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do edificio Fontán.

16.15 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do IV Congreso Internacional de Recursos Humanos APD.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do Día das Artes Galegas 2020-2021, dedicado a Domingo de Andrade.

Curtocircuíto
En diversos espazos e horarios, Curtocircuíto, Festival Intermacional de Cine.
Programación completa en compostelacultura.gal ou curtocircuito.org

Compartir: