Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 5 de outubro

11.30 h
Na sede da CEG (Confederación de Empresarios de Galicia, na rúa do Vilar) o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da campaña "Merca e gaña", da asociación Comercio Punto Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e do presidente da Asociación Hostalería Compostela, Thor Rodríguez, para presentar Santiago (é) tapas.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h
Na Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "O medio ambiente e Santiago de Compostela", que conta coa colaboración de Viaqua. Tamén asiste a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro.

Curtocircuíto
En diversos espazos e horarios, Curtocircuíto, Festival Intermacional de Cine.
Programación completa en compostelacultura.gal ou curtocircuito.org

Compartir: