Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado, 02 de outubro

10:45 h. No Centro Sociocultural de Fontiñas, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, asiste ao acto de inauguración e á clausura, ás 14:00 h. da terceira etapa das "IX Marchas Ciclistas Unificadas, Special Olympics Galicia".

11:30 h. No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no "XIII Encontro Médicos".

18.30 h. No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asisten á inauguración do "Festival Curtocircuíto" e a posterior proxección do filme "Eles transportan a morte", de Helena Girón e Samuel M. Delgado. O acto contará coa presenza de ambos cineastas.

Compartir: