Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de outubro

9.30 h
No salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na inauguración das "XIII Xornadas de formación e V Xornadas internacionais de formación, educación, xénero e igualdade".

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o equipo de limpeza de pintadas en carpinterías de edificios do casco histórico, creado no marco dun proxecto de inserción laboral do departamento de Emprego.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na sede da Asociación Hostelería Compostela (rúa Salvadas, nº 29), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, asistirán ao arranque das probas de preseleción de Santiago(é)tapas.

13.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, asiste á recepción oficial organizada pola Fundación INADE con motivo dos "Premios Galicia Segura".

19.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, entrega o "Premio Galicia Segura 2021 á investigación aseguradora", na cerimonia de entrega dos PGS organizada pola Fundación INADE.

20.00 h
No Teatro Principal, Gala Galicreques. Entrega do premio Galicreques 2021 e posterior espectáculo.

Ao longo de todo o día
No Teatro Principal e outros esapzos da cidade, XXVI Festival Internacional Galicreques 2021.
Programación detallada en galicreques.gal

Compartir: