Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández para dar conta dos traballos na avenida de Asturias.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo, para presentar a III Feira de Emprendedoras de Compostela: as universitarias.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, e da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar Compostela Contemporánea: festival de muralismo e intervencións urbanas. Na rolda tamén estarán Marcos Couso Sánchez (Sokran) e Javier Mourón Figueroa (Mou), de Mutante Creativo.

NOTA: as roldas retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
Na libraría Couceiro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro Baixo as alas de abril, de Xoaquín Fernández Leiceaga.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Joana Carneiro, previo ao concerto que ofrece ás 20.30 h a Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Destino: Latinoamérica’, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Joana Carneiro e xunto á mezzosoprano Sarah Connolly, ofrecen un programa con obras de Chávez, Lieberson e Copland.

Compartir: