Previsións informativas para o luns 21 de setembro
9.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao almorzo informativo de Fórum Europa no que participa como ponente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar o Plan para a eliminación das fochancas en Santiago.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibe a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam.
12.30 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto "O mural da memoria", con motivo do Día Mundial do Alzheimer.
13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a xunta directiva de Compostela Solidaria.
16.30 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa no I Encontro pola Mobilidade, dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo da Semana Europea da Mobilidade.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural do Festival Internacional Peregrinos Musicais.