Previsións informativas para o xoves 10 de setembro
11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitan o CEIP Raíña Fabiola con motivo do inicio do curso escolar.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
13.45 h
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visita o comedor escolar do CEIP Ramón Cabanillas (rúa Antonio Souto Paz, 5).
16.15 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde, Martiño Noriega, participa na inauguración do IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar.
18.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na reunión da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego.
19.00 h
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal, conferencia de Lucie Sauvé, catedrática de Educación Ambiental na Universidade de Quebec (Canadá), titulada "Educación ambiental e ecocidadanía: un reto cosmopolítico".
20.00 h
No Salón Vermello, o alcalde, Martiño Noriega, recibe os participantes no IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar.
20.00 h
Na praza das Praterías, concerto da Banda Municipal dentro do ciclo de Concertos na Rúa. Dirixido por Casiano Mouriño e baixo o título "A nosa música".
20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta "Da Vinci tiña razón!" dentro da programación de Teatro.