Previsións informativas para o sábado 19 de outubro
10.00 h
No salón de actos da facultade de Psicoloxía, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste ao II Foro de familiares de enfermos con dano cerebral.
12.00 h
No Hotel Eurostars Araguaney, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, visita a xornada Estrea Estilo. Ás 21.00 h asiste á entrega de agasallos.
17.30 h
No Teatro Principal, 'Alicia en el país de las maravillas', un musical de Tragaleguas Teatro, no ciclo Infantil e Familiar.
18.00 h
No centro xuvenil Don Bosco, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao acto institucional de conmemoración dos 20 anos da Federación de centros xuvenís Don Bosco.
18.00 h
No Salón Teatro, o teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Noroeste coproduce co Centro Dramático Galego e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, unha nova versión do texto 'Touporrotou da lúa e do sol' no ciclo Teatro&Danza.
19.00 h
Na Cidade da Cultura, o Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) presenta 'George Crumb, a voz das baleas...', nas Xornadas de Música Contemporánea.
20.30 h
Na Zona C, 'O país do Pato Donald' pola compañía Lagarta Lagarta, unha reflexión profunda sobre a derradeira estación da vida dun profesor de literatura, en Teatro&Danza.
Xornadas micolóxicas de Conxo
9.30 h
Roteiro micolóxico ao Pedroso: rota de descuberta e identificación de cogomelos. Inscrición previa. Saída do Centro Sociocultural de Conxo.
17.30 h
No Centro Sociocultural de Conxo, exposición, identificación e estudo dos cogomelos. Pase de diapositivas: COGOMELOS 2012-2013. Especies de especial interese.