Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o xoves 3 de xaneiro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e a deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, sobre asuntos de carácter local.
17.00 e 18.30 h
Na Zona "C", Caramuxo Teatro presenta 'Zapatos', teatro para bebés dentro do programa Infantil&Familiar.
17.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto 'Un universo de contrastes: I love/hate music' coa soprano María Rey-Joly e o pianista Borja Mariño, dentro do ciclo Todo Lírica.