Previsións informativas para o luns 18 de xuño
10.15 h
No Pazo de Bendaña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión do padroado da Fundación Granell.
11.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, visita os lavadoiros de Vilar de Outeiro-Verdía (11.00 h), da Peregrina (11.45 h), e o campo da festa de Figueiras (12.30 h) tralas obras de restauración e reforma realizadas.
NOTA: haberá un vehículo a disposiciòn dos medios de comunicación que sairá da Praza do Obradoiro ás 10.45 h.
11.00 h
Na cafetería do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar "Corre San".
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, recibe 120 alumnos de cinco institutos de diversos lugares de España, dentro do programa Arce do Ministerio de Educación.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, sobre asuntos da súa área.
19.00 h
Semana Europea da Música
No Casino de Santiago, concerto do Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela