Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o martes 30 de xuño
9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a comisión executiva da devandita entidade. (SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota ao remate).
18.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de recoñecemento aos alumnos que acadaron os mellores expedientes no ensino medio de Galicia "A ponte entre o ensino medio e a USC".
20.30 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), concerto de La Galanía con Raquel Andueza, soprano, baixo o nome de ‘Secreti d’amore. 350º aniversario do pasamento de Tarquininio Merula’ e enmarcado dentro do festival Via Stellae.