Previsións informativas para o domingo 21 de setembro
10.00 h
No Campus Sur (zona estanque), o concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, asiste á Xornada da bicicleta na mocidade, dentro dos programas de ocio alternativo da UMAD.
Compostela Gastronómica
10.30 h
Na praza de Abastos, Obradoiro "Espetos de mar e terra". Neste obradoiro os máis pequenos gozarán coa elaboración de diferentes espetos a base dunha saborosa selección de verduras e peixe de tempada.
11.00 h
Na Granxa do Xesto, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na sexta proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan: cronoescalada Monte Pedroso.
Asiste a concelleira de Deportes, María Corral.
Horarios: 10,15 h. Categorías benxamín e alevín; 10,30 h. Categorías infantil e cadete; 11,00 h. Categorías xuvenil e superiores.
11.00 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (Belvís), o concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, asiste á Xornada de sensibilización en prol da mobilidade sostible e do uso da bici, dentro da Semana Europea da Mobilidade.
12.00 h
En Villestro, a concelleira de Deportes, María Corral, asiste ao partido da SD Villestro de fútbol feminino.
12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.
12.30 h
No Auditorio de Galicia, Caramuxo Teatro presenta 'Fabas máxicas', organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago.
20.00 h
No Teatro Principal, concerto inaugural dos Peregrinos Musicales.
20.00 h
Na Zona C, Bértola Teatro Desmontable presenta 'O pack cósmico' de Mario Iglesias. Dentro do Bono de Teatro Galego.