Previsións informativas para o venres 11 de xullo
10.00 h
No Salón Verde, primeira Xunta de Goberno Local do novo equipo de goberno. (SÓ GRÁFICOS).
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.
13.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os nenos saharauís que están a participar no programa "Vacacións en paz".
16.30 h
Na Casa do Concello (sala de prensa), a concelleira de Deportes e Servizos Sociais, María José Corral, presenta a marcha ciclista urbana que se celebrará o vindeiro domingo en Santiago. Estará acompañada polo director de Movistar Galicia, Marcial Alonso.