Previsións informativas para o xoves 7 de marzo
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato de España de Judo.
12.00 h
Na Cidade da Cultura (Torres Hejduk), a concelleira María Castelao asiste á inauguración da exposición Emoción-Razón: a gran dualidade, de Ramón Conde.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
17.00 h
Na Almáciga, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o CEIP Santiago Apóstolo.
20.00 h
No salón de actos do Colexio A Estila, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste ao acto de entrega de bolsas do curso 2012-2013.
20.00 h
No Teatro Principal, o humor de Miguel Lago co monólogo 'Soy un miserable', dentro do ciclo 'Falabaratos'. Miguel Lago é premio ‘Cómico do ano de Paramount Comedy 2011-2012’.
20.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, rúa Preguntoiro, 23, conferencia de Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003, baixo o título Why can't time run backwards?* (Por que non pode ir o tempo cara atrás?), dentro do programa ConCiencia.
20.30 h
Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro que poderá verse completa na Zona C no mes de abril