Previsións informativas para o mércores 16 de xaneiro
9.30 a 14.30 h
Na Praza do Obradoiro, unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para presentar a actividade 'O Señor das Dunas', que terá lugar este sábado ás 18.00 h no Centro Sociocultural das Fontiñas. Na rolda tamén estará Francisco Castro, da empresa Merlín, responsable do programa.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación do ciclo Sons 2013 para os meses de xaneiro a maio.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
20.00 h
Na Igrexa de San Agostiño, actos con motivo do primeiro aniversario do pasamento do ex- presidente da Xunta, Manuel Fraga.