Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 29 de decembro
16.30 h
No Estadio de San Lázaro, partido benéfico entre a SD. Compostela e un combinado galego dirixido por Fernando Vázquez. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.
19.30 h
No Teatro Principal, o ilusionista Martín Camiña presenta 'Corcheas, semifusas e ilusións' dentro do programa Infanitl&Familiar (maxia).
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares para presentar a estrea de obras do V Concurso Galego de Composición. Dirixida por Xosé Carlos Seráns.