Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o xoves 13 de decembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para a presentación da fase do Campionato de España sub-16 e sub-18 de fútbol feminino que se celebrará en Santiago.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes sindicais.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
20.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Los Enemigos que presentan 'Revuelta Enemiga' dentro do ciclo Compostela Rock.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá e coa pianista María João Pires.