Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o xoves 14 de xullo
12.00 h
Na sede do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo), os concelleiros de Benestar Social e Familia, Paula Prado, e de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, reúnense co Valedor do Pobo, Benigno López.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.
20.00 h
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, saúdo do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, aos participantes na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico.