Previsións informativas para o venres 17 de decembro
9.15 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, da modificación de ordenanzas de ingresos públicos para o ano 2011.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios do I Concurso de Debuxo Infantil "A miña rúa, o meu barrio", dirixido a escolares de educación primaria dos centros de ensino de Santiago, dentro dos actos programados con motivo do X Aniversario de Emuvissa.
13.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos xubilados no ano 2010.
13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración da devandita entidade.
17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.
18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.
19.30 h
No Auditorio de Galicia, Danza por la solidaridad a favor de Save The Children