Previsións informativas para o mércores 10 de novembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar, en compañía da emprendedora María Encinar, a iniciativa "Mellora o SEO do teu negocio en internet", organizada por Iniciador Galicia en colaboración coa Concellería de Promoción Económica.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, e do vicepresidente da Cámara Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, para presentar a convocatoria da XI edición do Premio Manuel Beiras.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Santiago Cribeiro, Guillerme Fernández e Quim Farinha para presentar o concerto de Berrogüetto co que se abre o ciclo Sons da Diversidade o vindeiro sábado 13 no Auditorio de Galicia.
13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o capitán da Garda Civil, José María Eceiza.
19.00 h
No CSCX do Ensanche, Cata de viños dentro do programa deCÁTAte.
20.00 h
No CSC da Trisca, charla sobre "Crédito e consumo: negociación, defensa e trampas" dentro do Faladoiro dos Mércores.
21.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde asiste á inauguración de Cineuropa na que se proxectará o filme Neds de Peter Mullan.
Cineuropa
Toda a programación en www.compostelacultura.org