Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de febreiro

11.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da FEGAMP, na sede da devandita entidade (rúa Varsovia, 4C, 6ª planta, Área Central).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e do xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, para presentar a exposición Luis Seoane, da costa de Circe á costa da Morte, que se inaugura o martes 27 ás 20.30 h. no Auditorio de Galicia. Na rolda estará tamén Rosa Espiñeira, comisaria da exposición.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e Rosángeles Valls, directora da compañía Ananda Dansa (Premio Nacional de Danza 2005) para presentar Alma, espectáculo da compañía que se poderá ver o martes 27 e o mércores 28 no Teatro Principal.

Compartir: