Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de xaneiro

10.30 a 12.00 h.
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, fará entrega dunha banda de recoñecemento, deseñada para instalar nos escaparatase das tendas, aos gañadores dos concursos de Escaparatismo. Farase tenda por tenda entre 10.30 e 12.00 da mañá. A ruta é a seguinte:
10.30 Saída da Praza do Obradoiro.
10.40 Medialúa (2ª posición da edición de verán do 2006). Rúa Travesa.
10.55 Sombrerería Iglesias (1ª posición da edición de primavera do 2006). Rúa do Vilar.
11.05 Zürich SCQ (1ª posición da edición de verán de 2006). Rúa do Vilar.
11.15 Enjabonarte (1ª posición da edición de outono de 2006). Rúa de Bautizados.
11.25 Yves Rocher (2ª posición da edición de Nadal de 2006). Avenida de Figueroa.
11.35 Canalé (3ª posición da edición de primavera de 2006). Rúa da Senra.
11.50 Fiúncho (Gañadora da edición do 2004). Rúa de Montero Ríos.
12.05 Seguridade A-1 (Accésit no ano 2005). Rúa de República de Arxentina.
12.20 Bo Concept (3ª posición na edición de outono de 2006). Rúa de Xeneral Pardiñas.
12.30 Andrómenas (Gañadora da edición de 2005 e 1ª posición na tempada de Nadal da edición de 2006). Rúa de Doutor Teixeiro.
12.40 Mamá Pata (2ª posición na edición de primavera de 2006). Rúa de República do Salvador.

11.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o Consello de Administración de INCOLSA.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o Plan de Dinamización das Escolas Rurais de Compostela.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Na Praza do Toural, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, descubirá unha placa en homenaxe ao primeiro comerciante do Toural: Confecciones Riande.

18.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta aos veciños das rúas Olvido, Pexego de Abaixo e Pexego de Arriba o anteproxecto de urbanización da praza do Olvido e o seu entorno. Punto de encontro: Cafetería DA-CA (Pexego de Abaixo, 22).

19.00 h.
No Salón de Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste ao acto inaugural e ao fallo do II Certame de Artes Plásticas e Pintura "Arte Xoven Galega".

Compartir: