Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Rolda de prensa do alcalde

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece unha rolda de prensa para informar de asuntos de carácter xeral.

Presentación da campaña de animación á lectura

A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, presenta en rolda de prensa unha nova campaña de animación á lectura. Na presentación estarán tamén o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, e o xerente da Galería Sargadelos, J. L. Vázquez.

Recepción dos partipantes no Partner Interreg

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os participantes na xuntanza do proxecto Partner Interreg III-B.

Rolda de prensa do voceiro do BNG

O voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, ofrece unha rolda de prensa sobre asuntos de carácter local.

Recepción aos participantes no Seminario Proyecto Atlante

O Concello de Santiago ofrécelle unha recepción aos participantes no Seminario Proyecto Atlante.

Compartir: