Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Clausura de Cinensino

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausura o programa de prevención de drogodependencias Cinensino. Asistirán ao acto a concelleira da Umad, Adelaida Negreira, e a responsable da Obra social de Caixa Galicia en Santiago, Patricia Maceira.

Neste programa pedagóxico participaron durante o curso 2004/2005 máis de 2.500 alumnos de 5º e 6º de EPO (Ensino Primario Obrigatorio) e de 1º e 2ª de ESO (Ensino Secundario Obrigatorio) de 29 colexios de Santiago.

Rolda de prensa da Xunta de Goberno local

O voceiro do goberno, Luis Toxo, dará conta en rolda de prensa do resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

Compartir: