Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 2, o domingo 3 e o luns 4 de decembro

Sábado 2

11.00 h.
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o Programa de Elementos Catalogados.

12.00 h.
Na rúa Casa Reais, nº8, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da "Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega".

19.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o alumeado de Nadal. (Punto de encontro: Cruceiro de San Pedro).

Domingo 3

12.00 h.
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música.

Luns 4

11.00 h.
No CEIP Pío XII, as concelleiras de Medio Ambiente, Marta Álvarez Santullano, e de Educación, Elvira Cienfuegos, presentan o "Programa de implantación do servizo de recolleita selectiva de papel-cartón en centros escolares". Durante o acto, ao que tamén asiste o vicepresidente de COGAMI, Anxo Queiruga, farase entrega das papeleiras ao CEIP Pío XII.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o presidente da Fundación Vía Galego, Carlos Callón, asinan un convenio de colaboración.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, para presentar o Boletín do Voluntariado.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar o I Campus Arteal Tenis de Mesa. Na rolda tamén estará o presidente do Club Arteal Tenis de Mesa, Pablo Lois.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

Compartir: