Previsións informativas para o sábado 14 de maio
11.00 h
Na praza do Toural, as concelleiras Marta Lois e Concha Fernández asisten á XXIII Xornada de Solidariedade cos Parados, organizada por Cáritas Interparroquial de Santiago.
12.00 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á sesión de contos e música que suporá a clausura da XVI Campaña municipal de animación á lectura "Contos para despois da chuvia", na que participaron máis de 5.000 rapaces e rapazas. Sesión aberta ao público ata completar o aforo.
19.30 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asisten á I Gala do Libro Galego.
19.30 h
En Amio, a concelleira Marta Lois participa no acto de entrega dos premios do III torneo Cidade do Futsal.