Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 15 de outubro
11.30 h
Na Selva Negra (Aparcadoiro. Entrando pola Granxa do Xesto), posta en funcionamento do primeiro composteiro municipal dentro da rede "Composteiros de Compostela". Asiste a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da Praza do Obradoiro.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.
20.00 h
Na capela do pazo de Fonseca (rúa do Franco), a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á inauguración da exposición "Miradas", da Fundación Down Compostela.