Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de marzo

12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da FEGAMP (sede da Federación: rúa Varsovia 4C, 6ª Planta, Área Central).

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Carlos Álvarez-Ossorio, director de Cámara Negra, para presentar a estrea de Brand, o novo traballo da compañía. Na rolda estarán tamén Xosé M. Esperante, protagonista da obra; e Alejandro Carro e Marta Pérez, actor e actriz na mesma.

13.15 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do Premio de Investigación Xohana Torres, na súa XVI edición.

19.30 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, preside a xuntanza na que se lles presentará aos axentes culturais o avance do regulamento do Consello de Compostela Cultura.

20.00 a 21.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio dentro do programa "Marzo, mes do comercio". A profesora Mabel Míguez González González diserta sobre "Aspectos fundamentais das Relacións Públicas". De balde e aberta ao público.

Compartir: