Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de setembro

8.30 h.
Na Casa do Concello, xuntanza do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do tenente de alcalde, Néstor Rego, co líder da oposición, Gerardo Conde Roa, sobre a Cidade da Cultura.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o VIII Ciclo de Lied.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento da área de Urbanismo, Ricardo García-Borregón.

20.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto organizado pola Asociación Fuco Buxán para achegar ao público compostelán unha exposición de fotografías sobre os efectos do muro que Israel constrúe na poboación dos territorios palestinos ocupados.

Compartir: