Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de setembro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, para presentar o proxecto de Regulamento Orgánico Municipal de Funcionamento do Pleno do Concello de Santiago de Compostela.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, asina un convenio de colaboración co presidente do Club Triatlón Bricosa, Jesús Barcala Fernández.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, para presentar o programa de Impulso ao Urbanismo en Rede.

13.30 h.
No Pazo de Congresos e Exposicións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, dá a benvida aos participantes na Conmemoración do 30 Aniversario do grupo Tragsa.

14.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao novo director do Aeroporto de Lavacolla, Luis Rey Pomar.

19.00 h.
No Centro Comercial Compostela (Tiendas El Corte Inglés), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a exposición de Germán Martínez Souto.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Director: Casiano Mouriño Maquieira. Programa:
Rubores -------------------- Pasodobre ----------------- P. Marquina
Appalachian Oberture --------------------------------------- J. Barnes
El Barberillo de
Lavapiés ---------------------Selección ----------------- F. A. Barbieri
A Lenda de
Montelongo ------- Esceas populares galegas --------- B. del Río
I.- Na fiada
II.- Canción popular
III.- Camiño da fiada
Carrapucheiriña -----------Xota galega ---------------------- L. Brage

20.00 h.
No Espazo de Creación Múltiple Zona C (San Domingos de Bonaval), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, inaugura a exposición de Mauro Trastoy, 1.388.253 PUNTOS. No acto tamén estará o artista.

20.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na XIII Asamblea Xeral do grupo Compostela de Universidades.

21.00 h.
Na Praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao desfile "Moda a pé de rúa", organizado pola Fundación Santiago Centro.

Compartir: