Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 19 de agosto

19.00 h.
En Montouto (Teo), a alcaldesa en funcións, Mar Martín, asiste á homenaxe a Ánxel Casal. O acto desenvolverase ao pé do monolito en memoria do que fora Alcalde de Santiago (Estrada AC-841, a carón do restaurante Los Robles). Neste data cúmprense 71 anos da aparición do corpo de Ánxel Casal neste lugar.

Compartir: