Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xullo

11.00 a 12.00 h.
O Concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, entrega as bandas acreditativas aos establecementos gañadores da edición de verán do Concurso de Escaparatismo: Belén Mosquera, Enjabonarte e Media Lúa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar as Xornadas do II Aniversario do centro Sociocultural de Villestro, que se inauguran esta mesma tarde e se celebran os días 26, 27 e 28 deste mes.

13.45 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no Día do Traxe Galego.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto fabril da antiga papeleira de Vidán (SUNP-29).
3. Aprobación definitiva do Estudo de detalle dos quinteiros 1, 3 e 8 do solo urbanizable programado (SUP-7): Ponte Pedriña.
4. Dar conta de designación por parte dos grupos políticos municipais de membros de Comisións Informativas.
5. Dar conta de acordos da Xunta de Goberno Local de delegación de competencias.
6. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas dedicacións exclusivas e nomeamento de segunda tenente de alcalde.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
8. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
9. Rogos e preguntas.

20.00 h.
No CSC de Villestro, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, inaugura as Xornadas do II Aniversario do centro.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á clausura do II Festival de Música Via Stellae.

Festas do Apóstolo 2007

XXIX DÍA DO TRAXE
11.30 h.
Concentración de persoas ataviadas con traxes tradicionais galegos. Alameda.
12.15 h.
Desfile polas rúas da Zona monumental ata a Praza do Obradoiro.
13.00 h.
Misa Solemne e Ofrenda anual ao Apóstolo.
14.00 h.
Recepción de honra no Concello de Santiago.
16.00 h.
Concentración de participantes no certame de Traxes. San Domingos de Bonaval.
19.30 h.
Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Quintana.
20.00 h.
Exhibición de traxes na Quintana.

18.00 h. a 21.00 h.
Ferradura Aberta na Alameda.

19.45 h.
III Campionato Feminino de Chave.

20.30 h.
XXIX Campionato Masculino de Chave.

22.30 h.
Curtocircuíto. Praza do Toural.

Compartir: