Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 9 de xuño

11.00 h. (ata as 19.00 h.)
Na Granxa do Xesto, romaría-clausura do programa "A historia vai por barrios", organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Esta actividade permitiu recuperar a historia das zonas de San Pedro, Enfesta, A Rocha, Villestro, Vite e o Ensanche, mediante exposicións e actividades que contaron coa activa participación dos veciños. Esta festa final contará coa actuación do grupo de gaiteiros "Os Estalotes".

14.30 h.
No Parque de San Lázaro, o concelleiro de Parques e Xardíns, Bernardino Rama, e o presidente da Asociación de Amigos de Compostela, José Lorenzo, descubren unha placa con motivo do 20º aniversario desta asociación.

21.00 h.
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Dominique A, dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Compartir: