Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 23 de xuño

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao embaixador de Xapón en España, Motohide Yoshikawa.

13.30 h.
Na Estrada, concerto da Banda Municipal de Música. Casiano Mouriño Maquieira, director. Jesús Iglesias, trompeta.
Programa:
Vertula ------------------------ Pasodobre -------------- C. Mouriño
Francia-------------------- ------Obertura----------------- V. Buot
La Revoltosa -----------------Gran Fantasía ----------- R. Chapí
Amparito Riveira ----------- Marcha ---------------- S. Couceiro
La Dolores -------------------- Gran Xota -------------- T. Bretón

21.00 h.
SCQ Danza
No Teatro Principal, Experimenta Danza interpreta a obra infantil Arte a Escena de Carlota Pérez e con Blanca Blanco, David Edreira e Susana Moreno. A actividade enmárcase dentro do ciclo SCQ Danza.

Compartir: