Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de xuño

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Gerardo Conde Roa, acompañado pola totalidade dos membros do seu grupo, para presentar as súas áreas de seguimento.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, recibe aos representantes dos clubes de baloncesto que participan no Campionato de España Infantil masculino e feminino, que se está a celebrar en Santiago.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música.

19.30 h.
No Teatro Principal, concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Santiago. Participarán os alumnos e alumnas da Orquestra e Coro da Escola e farán un percorrido polos diferentes estilos musicais procedentes de diversos países do mundo.

21.00 h.
No Campus Sur, concerto de Sons na Rúa, dentro do ciclo Sons da Diversidade. Estarán os angloturcos Oojami, os galegos Black Bum e os portugueses Blasted Mechanism. Tamén estará o dj Lord Keisson e os vj's Fundación Intemperie. A entrada é de balde.

22.00 h.
Na Terraza do Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), actuación do cantautor Xoán Curiel, dentro do ciclo de concertos "Noites de Música na Terraza".

Compartir: