Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de maio

11.15 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asina un convenio de colaboración con Luma Gómez, da Sala Yago.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, e de Martha Franco, directora do festival "Move'm Cult & Danza. Festival dos ritmos do mundo", para presentar este festival que se celebra na cidade do 7 ao 13 de maio.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, para presentar a campaña "Faite ver".

12.00 h.
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, visitan o Centro de Formación e Creación Cultural. (anexo ao CEIP Santiago Apóstol).
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar o XI Concurso de Fotografía Deportiva.

13.00 h.
Na Sala de Prensa do Aeroporto de Lavacolla, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o proxecto da nova terminal aeroportuaria xunto coa directora de Infraestruturas de Aena, Amparo Brea, e o director do Aeroporto de Lavacolla, Juan José Maceira. Asisten ao acto o concelleiro de Turismo do Concello de Santiago, Francisco Candela, e os presidentes das asociacións de veciños "Ruta Xacobea", Manuel Salgado, e "Enfesta 2005", Jaime Bosch.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 12.30 h. da Praza do Obradoiro.

20.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "A historia vai por barrios. O Ensanche". Actuarán as corais polifónicas de Lavacolla e Pontepedriña.

20.00 h.
Na Casa da Parra, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste ao acto de presentación e benvida que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle fai ao autor angolano Artur Carlos Mauricio Pestana, coñecido polo nome de Pepetela, con motivo da entrega do premio "Escritor Galego Universal". A continuación, Pepetela dará a primeira das conferencias que impartirá estes en Galicia.

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes nas XV Xornadas da FEDADI (Federación de Asociacións de directivos de centros educativos públicos).

21.00 h.
ComposJazz
Na Zona C, concerto de Quique Azambuya Trío.

21. 00 h.
Teatro
No Teatro Principal, Ainternacional representa Perón,Perón, dirixida por Jorge Rey.

21.30 h.
No restaurante Os Robles, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á homenaxe a Manuel Portas que organizan representantes de varios clubes deportivos da cidade.

22.00 h.
Na Explanada do Auditorio de Galicia, concerto de Hyde, Penny Dreadful, Brétema e Codename, dentro do ciclo de concertos dos grupos usuarios dos locais municipais de música. Entrada libre e de balde.

Compartir: