Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de maio

9.00 h.
Na Casa do Concello, reunión do xurado do Premio Ánxel Casal. Trala xuntanza darase a coñecer o fallo.

10.00 h.
Na sala de conferencias da Fundación Eugenio Granell, o alcalde compostelán e presidente do Padroado da devandita entidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, abre o maratón anual de lectura, dedicado este ano a Juan Ramón Jiménez, que organiza a Fundación con motivo do Día Internacional dos Museos.

11.00 h.
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, visita as bibliotecas das Escolas Infantís de Fontiñas e Conxo.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 10.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar o I Torneo Xacobeo Compostela Esgrima. Na rolda tamén estará o presidente do Club Compostela Esgrima, entidade organizadora desta actividade, Xosé Piñeiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo e responsable do Festival Curtocircuíto, Francisco Candela, para dar a coñecer o gañador do concurso de guións de curtametraxes Compostela Plató. Na rolda tamén estarán o director da Área Sociocultural de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias; a directora de Produción de Curtocircuíto, Mamen Quintas; e o/a gañador/a do concurso.

19.00 h.
No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de homenaxe ás categorías de base do club de baloncesto Rosalía de Castro, con motivo dos éxitos acadados na campaña 2006-2007.

20.00 h.
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, coloquio "Lingua galega e sociedade" a cargo dos escritores Suso de Toro e Antía Otero, dentro das actividades de celebración do Día das Letras Galegas.

Compartir: