Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de febreiro

11.45 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao alcalde do municipio portugués de Paredes, Celso Manuel Gomes Ferreira.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e de Miguel Fernández, voceiro do Foro de Inmigración de Santiago, para presentar a unidade didáctica "En cada rostro, igualdade", elaborada polo Foro coa colaboración da Concellaría.

12.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión de membros da corporación.
2. Resolución de alegacións e aprobación definitiva do orzamento e cadro de persoal para o ano 2007.

20.30 h.
No Local Social de Villestro (Lugar de Quintáns), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición sobre o barrio de Villestro, dentro do programa "A historia vai por barrios".

Compartir: