Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de febreiro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para anunciar o fallo do premio "Coñecer as Cidades Patrimonio".

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias para presentar as II Xornadas técnicas sobre programas experimentais de inserción laboral.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Xesús Ron, Carlos Neira e Arancha Villar, da Sala Nasa, para presentar o Festival Zona Alternativa.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Acordo para a ampliación dos usos permitidos na Parcela B (Porción Sur) do Polígono 3 do Plan Parcial de Fontiñas (DEXB-7).
3. Proposta de concesión de medallas e distincións a membros da Policía Local.
4. Dar conta de resolucións da Alcaldía e acordos da Xunta de Goberno Local en materia de delegacións.
5. Dar conta de resolucións da Alcaldía e da Xunta de Goberno Local.
6. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
7. Rogos e preguntas.

Compartir: