Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de febreiro

Visita a FITUR
11:00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asamblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) no Stand de Baleares (Pavillón 9-D 404).
13:00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, no Stand de Galicia.
13:30 h.
Os representantes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) asinan un convenio con RENFE no seu Stand (Pavillón C 310).
16:30 h.
Os representaets do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) asinan un convenio con Turespaña (Plan da actuación 2007) Sala N – 102 Entrada Norte.
18:00 h.
No Stand de Galicia en Fitur, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co alcalde de Santiago Nuevo León (México), Rafael Paz, e co director de Turismo, Jorge Cantú.

10.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, encontro das escolas rurais do Municipio, dentro da Quincena da Educación pola Paz, a convivencia e a solidariedade. A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, manterá un encontro cos medios de comunicación ás 11.30 h. (Adxúntase programa).

12.00 h.
Nas oficinas da concellaría de Promoción Económica situadas na rúa Hórreo, número 100, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o SIAC (Servizo Integral de Asesoramento ao Comercio). Na rolda tamén estarán: o alcalde en funcións, Néstor Rego; o presidente de Compostela Monumental, Xosé Manuel Bello; e representantes de Acotés e Santiago Centro.

12.00 h
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, reúnese co equipo directivo da Escola Oficial de Idiomas. Ao rematar a reunión farán unhas declaracións aos medios.

12.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes na Copa LEB 2.

20.30 h
No Multiusos Fontes do Sar, o alcalde en funcións, Néstor Rego, asiste á Segunda Semifinal da Copa Adecco LEB2 na que se enfrentan o Beirasar Rosalía e o Club Ourense Baloncesto.

Compartir: