Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de febreiro

10.00 h.
Entrega das tazas da campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de xénero aos alumnos do CEIP López Ferreiro.

10.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; do concelleiro de Turismo, Francisco Cadela; e do director xeral de Clickair, Álex Cruz, para presentar os futuros plans da compañía aérea en Santiago.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o gañador final do Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" 2006. Na rolda estará o galardoado e os responsables das asociacións de comerciantes da cidade.

12.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o programa da segunda edición do Festival de Músicas Contemplativas.

13.15 h.
Entrega das tazas da campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de xénero aos alumnos do Colexio Apóstolo Santiago.

13.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo urbanizable non programado núm. 26 (SUNP-26). Munín.
2. Aprobación definitiva do Estudo de detalle da Choupana (SUP-6).
3. Aprobación definitiva do Estudo de detalle do quinteiro 18 do solo urbanizable non programado núm.22 (SUNP-22). Castro de Abaixo.
4. Proposta de delegación da Presidencia da comisión informativa de Urbanismo, Infraestruturas e Vivenda.
5. Designación de conselleiros en representación do Grupo Municipal Socialista en empresas municipais.
6. Dar conta de designación de representantes do Grupo Municipal Socialista en comisións informativas.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Relacións Veciñais.

Compartir: