Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de febreiro

10.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, visita dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Monte dos Postes á exposición "Plantando libros".

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co reitor da USC, Senén Barro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sobre asuntos da súa área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o catálogo da exposición A Cidade Interpretada. Na rolda estarán Pablo Fanego, comisario da exposición; Silvia Modia, xerente do Auditorio cando se xestou e botou a andar o proxecto da devandita exposición; e Pablo Rodríguez, actual xerente do Auditorio.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para informar da celebración do Campionato de España de Loitas Olímpicas Júnior e Sambo. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Loita, José Luís Olazábal Ibars.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a obra teatral Final de Película, que se representará no Teatro Principal o xoves e o venres ás 21.00 h. Na rolda estarán tamén o director e autor, Gustavo Pernas, e os actores e actrices da mesma: Anxela G. Abalo, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xavier Deive, Estíbaliz Veiga e Marcos Pereiro.

13.00 h.
A concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira, fará entrega das tazas da campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de xénero aos alumnos do CEIP de Roxos-Villestro (Rúa da Barrosa, 74. Villestro).

20.30 h.
No Hotel-Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a presentación do "Fórum Gastronómico Santiago’08. As Cociñas do Atlántico".

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de La Caja de Pandora.

Compartir: