Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de novembro

10.00 h.
En Gijón, no recinto da "Feria Internacional de Muestras de Asturias", o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asamblea Xeral da Comisión Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Benestar Social e Muller, Paula Prado, para presentar unha iniciativa relativa a esta área.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Medio Ambiente e de Educación Elvira Cienfuegos e Guadalupe Rodríguez, para presentar o Programa de Educación Ambiental para centros de ensino de Compostela. Na rolda tamén estará Ramsés Pérez, de ADEGA, asociación que colabora na posta en marcha do programa.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a XV edición dos premios Vagalume.

Compartir: