Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de decembro

9.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de EMUVISSA, no que se tratarán os orzamentos da entidade para o exercicio 2007.

10.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de INCOLSA, no que se tratarán os orzamentos da entidade para o exercicio 2007.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asina un convenio de colaboración co director do INEGA, Xoán Ramón Doldán, para o desenvolvemento dun proxecto de integración e aproveitamento da enerxía solar no edificio CERSIA.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
O concelleiro de Deportes, Manuel Portas, amosará a pista municipal de chave de Galeras (ubicada na Corredoira do Espiño, á beira da pista polideportiva-parque público de Galeras). No acto tamén estará o presidente da Asociación de Xogadores da Chave de Santiago, José Puente.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente e á xunta directiva de Compostela Monumental, con motivo da concesión do Premio Nacional ao Pequeno Comercio.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Ricardo García-Borregón, para dar conta da reunión do Consello de Administración de EMUVISSA.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos participantes do I Encontro Internacional de Escritores "De Pedra e de Palabra", organizado polo P.E.N Clube de Galicia.

14.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores das empresas concesionarias Aquagest, Cespa, XADE e Urbaser.

17.30 h.
Na Escola Municipal de Música ( Rúa de Betanzos, 55- edificio anexo ao CEIP Apósto Santiago), a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, participa no acto de clausura do Curso de formación de monitores/as de tempo libre, que se ven desenvolvendo dende o mes de novembro na Escola Municipal de Música, organizado polo Concello en colaboración coa Escola de Tempo Libre-Fesan.

Ao longo destes meses de formación os mozos e mozas inscritos traballaron sobre diferentes temáticas como a animación á lectura, a educación ambiental, a organización de actividades educativas no tempo libre, etc. Ademáis, como complemento desta formación, participaron en diversas actividades como as visitas aos museos da cidade, percorridos didácticos polo casco histórico, visita á exposición da Fundación La Caixa "Mozos, Moito que dicir", Cineuropa, etc.

19.30 h.
No Centro Sociocultural de Conxo, charla-coloquio "Análise de xoguetes: orientación para a súa compra", a cargo do Seminario Galego de Educación para a Paz.

20.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fará entrega dos Premios Antón Fraguas.

20.30 h.
No Hotel Porta do Camiño, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Gala do Deporte.

Compartir: