Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 11 de decembro

11.15 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao rexedor de Barcelona, Jordi Hereu, que asinará no Libro de Ouro.

NOTA: Ao remate da sinatura, haberá un vehículo a disposición dos xornalistas para cubrir a inauguración oficial da Avenida de Barcelona.

13.00 h.
Os alcaldes de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e de Barcelona, Jordi Hereu, inauguran a Avenida de Barcelona.

17.00 h.
No centro Sociocultural do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o curso "Dereito procesual e penal policial".

19.00 h.
Rede de Cooperación Local
Na Facultade de Ciencias Económicas, conferencia do catedrático de Economía da Empresa da Universidade Autónoma de Madrid, Emilio Ontiveros, para clausurar as actividades desta rede.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentan a memoria-balance do Plan de Excelencia Turística.

Compartir: