Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Eixo Atlántico

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración do Congreso sobre os segundos estudos estratéxicos do Eixo Atlántico que se desenvolve os días 30 e 31 de marzo en Ourense.

Inauguración do parque infantil de tráfico

Os concelleiros de Educación e Mocidade e Tráfico, Elvira Cienfuegos e Xosé Baqueiro, respectivamente, e o xefe provincial de Tráfico, Gonzalo Ocampo, asistirán ao acto de inauguracion do parque infantil de tráfico instalado no recinto feiral de Amio.

Visita ao barrio de San Pedro

O voceiro do Grupo Popular, Dositeo Rodríguez, e membros do seu grupo municipal realizan unha visita ao barrio de San Pedro.

Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela

O presidente do Consorcio e alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de administración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

Entrega de premios "José Saramago" e "Aurelio Aguirre"

No centro sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo, a concelleira de Centros socioculturais, Mercedes Rosón, preside o acto de entrega dos premios do cuarto concurso de relato curto "José Saramago" e do segundo concurso de poesía "Aurelio Aguirre".

O acto coincide coa celebración do cento corenta e nove aniversario do histórico "Banquete de Conxo", que reuniu nunha comida e recital poético a obreiros de Compostela xunto a destacados galeguistas e escritores como Eduardo Pondal ou Aurelio Aguirre.

O acto ábrese ás 18.30 horas cun concerto de violín, guitarra e piano e do conxunto instrumental "Alfaia". De seguido, a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, fará entrega dos galardóns, que este ano recaeron en José Manuel Vázquez Lorenzo, de Boiro, pola obra "Tardes de amor, viño doce e galletas de coco", no certame de relato curto "José Saramago" e en Alicia Fernández Rodríguez, de O Saviñao (Lugo) polo poemario "Verdes Imaxinados" no certame "Aurelio Aguirre". Tanto para o certame literario como para o de poesía presentáronse uns 23 traballos.

A continuación, haberá un recital de poesía que dará paso ao historiador Miguel Anxo Seixas, que falará arredor da Compostela de Aurelio Aguirre. A Agrupación de Música Tradicional Aurelio Aguirre de Conxo porá o broche final á cerimonia cun concerto.

Compartir: