Previsións informativas para o sábado 16 de setembro
13.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura do Simposio Internacional "Xerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente".
13.30 h
Na Igrexa de San Agustín, Festival herDanza. Creación colectiva. Residencia a cargo de Leodán Rodríguez. Acceso de balde ata completar aforo.
18.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, remata a andaina cos participantes no III Camiño da Diversidade, organizado pola Fundación INGADA.
18.30 h
No Museo do Pobo Galego, Festival herDanza. Representación de Apena, da Compañía Ligazón. Con Lucas Chao e Néstor Rubi. Acceso libre.
20.00 h
Nos Arcos de Bonaval, Festival herDanza. Representación de Toda a beleza do mundo, da Compañía María Move. Con María Move. Acceso libre.
20.30 h
No Teatro Principal, último pase de A Canción do Elefante, de Redrum Teatro. Un thriller psicolóxico dirixido por Álex Sampayo, con Guillermo Carbajo, Ernesto Chao e Patricia Vázquez como protagonistas.
21.30 h
Na Praza de Salvador Parga, Festival herDanza. Clausura do festival coa representación da peza Imprevisibles. Improvisación e música en directo con Leodán Rodríguez, Isabel Sánchez, Paula Quintas, Xiana Vilas, Mónica de Nut e Luis Martins, entre outros. Acceso de balde.
21.45 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá á saída á proba nocturna do CorreSan 2017.